Pío García-Escudero60; (Uia.দক্ফ’ৰানৰগজিetuঞ
| Pío García-Escudero | |
Presidente do Senado | |
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 13 de decembro de 2011 | |
| Precedido por | Javier Rojo |
Datos persoais
| |
| Nacemento | 28 de outubro de 1952 Madrid, España |
| Partido | Partido Popular |
| Profesión | Arquitecto |
Pío García-Escudero Márquez, IV conde de Badarán, nado en Madrid o 28 de outubro de 1952, é un arquitecto e político español, actual presidente do Senado de España.
Foi deputado da Asemblea de Madrid (1991-2003) e senador por Madrid (desde 1995), así como presidente do Partido Popular na Comunidade de Madrid (1993-2004).
Índice
- 1 Traxectoria
- 2 Vida persoal
- 3 Cargos desempeñados
- 4 Notas
- 5 Véxase tamén
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Madrid, en 1952, sendo o maior dos dez fillos de Felipe García-Escudero y Torroba, III conde de Badarán, e Eloísa Márquez y Cano,[1] e recibiu o nome do seu avó o II conde, Pío García-Escudero y Fernández de Urrutia, que fora reitor da Universidade Politécnica de Madrid. García-Escudero superou os estudos de arquitectura na Escola Superior de Arquitectura de Madrid.
En 1987 entrou en política da man de José María Aznar, elixido presidente de Castela e León ese mesmo ano, como director xeneral de Patrimonio e Promoción Cultural na Junta de Castilla y León.
En política local madrileña foi director de Rehabilitación do Casco Antigo do Concello de Madrid e segundo tenente de alcalde do concello de Madrid.
En 1991 resultou elixido deputado polo PP na Asemblea de Madrid, escano que ocupou ata o ano 2003 e en 1993 convértese en presidente do Partido Popular en Madrid, cargo que ocupa ata 2004.
Desde o ano 1995 é senador, primeiro designado pola Asemblea de Madrid e posteriormente como senador electo. Ademais en dúas ocasións foi portavoz do Partido Popular no Senado, a primeira foi de 1996 a 1999 e a segunda de 2004 a 2011.
O 13 de decembro de 2011 foi elixido presidente do Senado de España para a X Lexislatura. O 13 de xaneiro de 2016 revalidou o cargo para a XI Lexislatura. Tamén é o presidente do Senado na XII Lexislatura, sendo elixido o 19 de xullo de 2016.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Contraeu matrimonio en Valladolid o 15 de xuño de 1982 con María del Carmen Ramos Pérez, coa que tivo dous fillos:
- Pío García-Escudero Ramos (n. 1984)
- Miguel García-Escudero Ramos (n. 1987)
Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]
- Director xeral de Patrimonio e Promoción Cultural da Junta de Castilla y León. (1987-1991)
- Deputado na Asemblea de Madrid. (1991-2003)
- Presidente do PP de Madrid. (1993-2004)
- Senador por Madrid. (Desde 1995)
- Voceiro do Grupo Popular no Senado de España. (1996-1999)
- Segundo tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo de Madrid. (2003-2004)
- Voceiro do Grupo Popular no Senado de España. (2004-2011)
- Presidente do Senado de España. (Desde 2011)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xenealoxía de Felipe García-Escudero, conde de Badarán
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pío García-Escudero |
| A Galicitas posúe citas sobre: Pío García-Escudero |
| Predecesor: Luis Eduardo Cortés |
Presidente do PP da Comunidade de Madrid 1993-2004 |
Sucesor: Esperanza Aguirre |
| Predecesor: Ángel Acebes |
Voceiro do Grupo Popular no Senado 1996-1999 |
Sucesor: Esteban González Pons |
| Predecesor: Antolín Sanz |
Voceiro do Grupo Popular no Senado 2004-2011 |
Sucesor: Xosé Manuel Barreiro |
| Predecesor: Javier Rojo |
Presidente do Senado 2011-actualidade |
Sucesor: 'No cargo |